Para calquera nen@ con problemas para facerse entender ou entender o que lle queren comunicar, o mundo audiovisual ofrece hoxe en día ferramentas infinitas. Non deixo de asombrarme de cousas que leo en blogs de nais e profesionais da educación e estimulación polas ideas que teñen. Bo exemplo o de Esther de La sonrisa de Arturo e os seus lapbooks, o último deles usando códigos QR, impresionante non, o seguinte.
Na nosa casa, de momento somos máis modestos e con menos habilidades, pero facemos o que podemos. A música primeiro xa dende hai tempo e logo os dvds e a tablet están converténdose pouco a pouco na debilidade de Sabela. Ademais das aplicacións e webs das que xa empecei a falarvos, non podo pasar por alto a cantidade de cds e dvds fantásticos que se están facendo no noso país por e para nen@s. Música de calidade e ideas fantásticas para a súa visualización. Hoxe recoméndovos dous (por empezar por algún).
O primeiro é o favorito de Sabela, "Na punta do pé", música tradicional que inclúe tamén a versión instrumental das cancións e un dvd para que os nenos e nenas aprendan a bailar. Sabela, como mínimo, fica realmente absorta mirando como saltan e bailan nas coreografías e a música encántanos.
Outro é a nosa última adquisición (agasallo dunha amiga), "A nena e o grilo nun barquiño". Fermoso cd, fermosa música, fermosas letras, fermosas ilustracións do libro e, aínda por riba, con propostas de actividades que acompañan á historia que acompaña e serve de fío conductor ás cancións. Imprescindíbel, mesmo non sei se máis aínda que "A nena e o grilo".
Este libro musical debería estar en toda a bibliofonoteca de calquera que aínda se considere un pouco nen@ en Galiza.
Sobre como estimular, axudar aos nosos peques, loitar, traballar, pero sobre todo, desfrutar!
lunes, 29 de abril de 2013
miércoles, 24 de abril de 2013
Queres xogar comigo?
Hoxe, como vén sucedendo por sorte dende hai semanas, tivemos un día espléndido. Sabela pasou a tarde de parque en parque, desfrutando do sol e do aire fresco. E hoxe, como ten sucedido algunha que outra vez, unha nena quixo xogar con Sabela só que, neste caso, era unha compañeira da súa aula. Conseguín que a saudase coa maniña e que lle achegase a cara para que lle dese un bico, pero nada máis. Como é habitual, fuxiu correndo en busca dun columpio libre.
A súa compi aínda tivo folgos para perseguila uns minutos e eu tratei de que se lle achegase de novo sen moito éxito. Outra vez será, estou segura de que chegará e que dentro dun tempo haberá nen@s que insistan máis e unha Sabela máis receptiva a esas peticións.
De momento, xa temos avances e conseguimos que non se baixe dos balancíns cando se suben nen@s do outro lado :))

Webs e aplicacións
Por suposto, aínda non estou contenta co blog. Sempre hai que perfeccionalo e unha das cousas que quero facer é crear unha sección coas webs e aplicacións que vos quero recomendar.
A primeira delas ten que ser sen dúbida de ningún tipo poisson rouge. Falárame dela unha amiga hai uns anos pero non foi até finais de 2012 que empezamos a visitala con máis continuidade e teño que dicir que é o mellor que vin en Internet para nen@s con diferencia. Unha web creada por educadores e educadoras para peques de todas as idades, clases, intereses... De verdade que é difícil que atopedes algo mellor ca isto. O peor do asunto é que está en perigo porque non queren incluír publicidade na páxina (como parte da súa fiolosofía vital) e, claro, existen certos problemiñas económicos. De feito, a empresa que xestionaba todo xa pechou, polo que non podedes mercar as aplicacións para android que tiñan e que son xeniais (temos 3 e son do máis recomendábel que hai), pero o sitio segue aí e teño que animarvos a tod@s a visitalo porque tamén aos adult@s nos gusta!!!
A partir do interese de Sabela por poisson rouge decidimos regalarlle unha tablet no seu aniversario e, dende aquela (apenas dous meses) a nosa pequecha xa se convertiu nunha experta no seu manexo. Dá gusto vela manexarse nas pantallas dos xogos e desfrutar ao tempo que se estimula. As apps que usamos neste momento son:
Baby piano (con ela traballas a destreza ademais de axudar a desenvolver a sensibilidade musical)
Pocoyó, las mil puertas, estupenda para axudar a estimular a imaxinación e o xogo, ademais de crear historias.
Talking pocoyó. axuda en diversos ámbitos: a imitación, o desenvolvemento da imaxinación, a atención, a destreza e a sensibilidade musical e o ritmo.
Ademais destas, tamén traballamos con dúas de poisson rouge (ten green bottles e Amos), pero como dicía, lamentabelmente, xa non están dispoñíbeis no mercado, pero si os sitios dentro da web de poisson rouge. Non dubidedes en entrar!!

lunes, 22 de abril de 2013
A música que fai cóxegas
Cantas veces nas nosas vidas fomos literalmente salvad@s pola música... A música estaba aí para pór a banda sonora á nosa vida no hospital, a música estaba aí cando estabamos angustiad@s pensando en que sería da nosa vida, a música está aí cada mañá cando Sabela precisa pilas para comezar a xornada e tamén está aí pola tarde cando precisa relaxarse.
A música ten efectos moi curiosos e diversos nos seres humans. A Sabela, por exemplo, ás veces, faille cóxegas e lle provoca unhas risas fermosísimas, outras veces dalle gañas de comunicarse e nos pide que lle cantemos algunha das súas cancións favoritas ou se lanza a tararear a "canción de Lara" do doutor Zhivago ou "Smoke on the water". Moitas tardes, a única forma de sacudirlle o mal humor arrastrado por non durmir a sesta é escoitar e balancearse con ela ao ritmo de "Na punta do pé".
Sempre tivemos moi claro que a música era un arma demasiado valiosa como para non tentar aproveitar ao máximo as posibilidades que nos ofrece. Por iso, dende hai tempo, Sabela ía a clase de educación musical en Arkhé, un sitio moi recomendábel para aqueles que teñades pequech@s e que vivades na Coruña. Alí programan diferentes actividades para nen@s, embarazadas e adult@s, desde educación motriz, a actividades acuáticas, pasando por inglés ou música ou ioga para embarazadas.
En calquera caso, co paso do tempo, pareceunos que quedaba moito por explorar nesta materia e por iso recurrimos a Carla e ás súas sesións de musicoterapia. Unha hora á semana, Sabela amosa o seu afán por comunicarse a través das notas musicais, por "tocar" a guitarra e "cantar un dueto" coa súa musicoterapeuta. É marabilloso notar como todo o seu corpiño vibra coas notas e comunica con todo o que está ao seu redor. Así que, xa sabedes, non dubidedes en explorar todos os intereses d@s vos@s peques até o final :)

viernes, 19 de abril de 2013
Do camiño de lastros amarelos
Do camiño de lastros amarelos
Sempre vin algo de egocentrismo e
exhibicionismo neste mundo dos blogs, pero non me decataba de que,
como con case todo, tamén teñen seu lado bo: que serven para
comunicarmonos con outra xente, para axudar e recibir axuda, para
desafogar tamén de cando en vez.
Co paso dos meses e dos anos desde que
as nosa vidas cambiaron, vexo que non hai blogs de pais ou
profesionais que traten a pequenos e pequenas con afasia infantil, en realidade, non hai nenos nin nenas como Sabela, nin casos como o seu porque cada un é diferente.
Cada caso e cada nen@ é un mundo, iso está claro, pero decidín
empezar a relatar o noso particular camiño a Oz como unha axuda
máis, como un caderno de bitácora, que ás veces mesmo pode server
de recordatorio.
Cando Sabela tiña cinco meses
enfermou. Era un “virus” dixo o pediatra e non lle deu
importancia. Atinou, era un “virus” (o herpes), pero si tiña
importancia porque ese virus atacou a súa pequena materia gris e
produciulle unha meningoencefalite aguda que acabou deixando danado o
seu cerebro de por vida con crises comiciais polo camiño.
Non é éste o lugar para explicar o
que sucedeu os meses posteriores a iso. Non lle desexo a ninguén un
inferno coma ese e non é necesario lembralo. Só vou lembrar que
nese momento, o peor da miña vida sen dúbida algunha, tiven a moita
xente apoiándome. Unha desas persoas (chamémoslle RRR) enviábame
mensaxes de esperanza, de luz e cor que nos levaban ao mundo de Oz e
que me fixeron lembrar que, como lle sucedeu a Dorothy, non podemos
esquecer que o que precisamos está no noso interior. Para sairmos
adiante só temos que crer en nós, nas nosas posibilidades e
traballar arreo. Así o fixo, faino e seguirá facéndoo Sabela,
moito mellor ca Dorothy.
Soprou e soprou e a casiña derrubou...
A estimulación do sopro é un dos nosos cabalos de batalla. Cando apenas tiña pouco máis dun ano, Sabela comezou a soprar un pouquiño imitándonos cando lle liamos un conto dos grandes Bolechas pero, como algunhas outras cousas que foi aprendendo, deixou de facelo. Así que aí estamos, con mil armas e unha para tratar de estimular o sopro. A última adquisición foi un muíño de vento pero, en realidade vén a culminar toda unha colección de pequenas adquisicións froito de mil visitas a webs e percorridos por tendas de todo tipo.
Temos chiflos, unha harmónica, unha frauta de émbolo, as pompas nunca poden faltar, as plumas dunha boa que lle encantan, tubos varios e variados dos que sacamos cousas e polos que logo falamos e soplamos, un cornetín adquirido na voda duns amigos e tres grandes aportacións dunha tenda online que descubrimos no blog dos mestres de audición e linguaxe: tommy o silbador, un boneco que necesita moi pouco soprido para soar, o toobaloo e un chiflo para o nariz.
Son tres xoguetes para estimular o sopro e a fala que mercamos nunha tenda online con cousas moi interesantes, hop toys. En concreto, o toobaloo paréceme unha grandísima idea porque serve para estimular a fala e a comunicación e no caso dos nenos que xa falan, pero teñen calquera problema relacionado con esta área, permítelles escoitarse a sí mesmos. Desde logo, para min, a primeira vez que o probei, resultou curiosísimo, toda unha experiencia!
Ademais da nosa grande caixa do sopro e do muíño de vento, non se poden esquecer as posibilidades de sorber e soplar por unha palliña, cos grandes circuitos de sopro que se poden facer. No blog el sonido de la hierba al crecer atoparedes grandes ideas neste terreo (e en tantos outros).

miércoles, 17 de abril de 2013
De como Baby Einstein nos salvou a vida
Moitas veces oiríades dicir que a chave para que @s nen@s fagan algo está na motivación. Sei que é unha "perogrullada", pero unha verdade coma un mundo. Se saben que van obter algo que lles gusta de verdade, traballan de moi boa gana, con ledicia e ilusión.
Con Sabela non conseguiamos atopar ese elemento, poucas cousas a motivaban... até que Baby Einstein chegou ás nosas vidas. Ao principio eses dvds non lle facían moita gracia pero co paso do tempo conseguimos que fixese torres, puzzles, encaixes, que xogase á pelota con nós ou que buscase cousas sabendo que ao final tería como premio o seu dvd de Baby Einstein. Non é que queira eu facerlle publicidade gratuíta, nin que sexan a panacea, simplesmente, con Sabela, funcionan.
Cada un ten que buscar o seu propio Baby Einstein, pode ser a comida, un xoguete favorito, ou a cousiña máis pequena que se vos ocurra, sempre que lles ilusione, vale. Por suposto, hai que ter moito coidado, porque se trata de conseguir que chegue un momento en que as actividades que queremos que fagan para ter o premio acaben interesándolle sen premio algún despois. Iso é o máis difícil, si, ás veces é cuestión de ter moooooita paciencia.
Tamén é importante saber integrar eses intereses do peque ou a peque na aprendizaxe. Con Sabela, tentamos sacar proveito dos dvd nos que se fala de partes do corpo ou nomes de animais, pero con outros intereses pode ser máis fácil. Por exemplo, se se interesan moito por un boneco úsase para introducilosno xogo figurativo, se lles gustan as construccións, xa temos un arma perfecta para traballar a motricidade fina e a imaxinación, etc
Sempre hai que botarlle un pouco de imaxinación ;)
Outro exemplo, a frauta de émbolo, a Sabela encántalle, así que a usamos moito para tentar ensinarlle a diferencia entre "arriba" (mentres a subimos ao ritmo da frauta) e "abaixo", (mentres a baixamos).

lunes, 15 de abril de 2013
De equilibrios, caixas e botes
Levo un par de días sen escribir no blog por motivos variados. O primeiro foi ese sol marabilloso que reapareceu nas nosas vidas e que nos deu a oportunidade de lembrar o que era PASAR UN DÍA FÓRA!!! Que gustazo!!
O segundo non é tan estupendo, porque hai días mellores e outros máis complicados, con choros, amagos de virus e similar. En días deste tipo, pouco se pode facer para loitar contra os elementos e tratar de avanzar na estimulación da nosa peque. Pero pouco non quere dicir nada ;-), así que aqui estou con algunhas cousiñas que se poden intentar mesmo nos días difíciles.
Se os peques están polo labor de moverse moito, daquela aproveitade para traballar a área motora con exercicios que a moitos lles encantan como camiñar polo borde das beirarrúas, practicando o equilibrio (a Sabela tamén lle gusta) e despois camiñar en desnivel, cun pé arriba e outro abaixo.
Se seguen con ánimo de moverse, xa sabedes, a practicar os saltos dende o alto do bordillo e logo desde sitios cada vez un pouquiño más altos.
E se aínda neste punto a cousa segue movida, tentade aproveitar e canalizar toda esa enerxía, por exemplo, facendo a carretilla agarrándoos polos pés para que camiñen coas mans (é un exercicio fantástico, pero, dependendo d@s peques e da súa evolución eu non o recomendaría antes do ano e medio, pero xa digo, dependendo de cada caso), facendo exercicios de resistencia e forza como empurrar a parede ou unha árbore coas mans e os pés.
Se xa estades cansos de tanto movervos, podedes tentar sacar proveito de todas as pequenas e grandes cousas que usades no día a día integrando aos peques en calquera tarefa cotiá con supervisión, por suposto. Por exemplo, pequenos recados: "tráeme isto, lévalle aquilo a papá" ou pedindo sempre a súa axuda para as cousas que lles afectan. Un bo exemplo é a rutina de cremas ou medicamentos, pasta de dentes ou calquera outro tubo, frasco ou bote que usedes no día a día, tamén os que usedes para preparar a merenda, por exemplo. Que sexan eles ou elas quen o abran o saquen e logo o pechen e garden para practicar a súa motricidade fina. Sei que non sempre temos tempo diso, para que nos imos enganar, pero, se o integramos na rutina, logo serán eles os que nos pidan facelo porque lles acaba encantando. Por suposto, insisto, con supervisión continua!!

jueves, 11 de abril de 2013
Macarróns e pelotas
Despois de perder onte máis dunha hora para descubrir que o blogger e a tablet non se levan ben, aquí estou para contarvos cousiñas novas. No día a día irei sumando actividades que aplicamos na casa para a estimulación de Sabela e que nos van ben. Obviamente, hai outras que intentamos e non funcionan, pero esas deixámolas para máis adiante.
Onte conseguimos tres pequenas victorias en actividades da área motora e perceptivo-cognitiva.
Na primeira encantoulle lanzar e mesmo patear unha pelota grande coas dúas mans, coa miña axuda, pero encantada.
Na área perceptivo-cognitiva volvimos empregar a pizarra da súa habitación para tentar que copiase as liñas rectas que debuxabamos nós. De novo guiándolle a man, pero conseguimos motivación e intentonas.
Finalmente, tamén nos foi moi ben ensartando macarróns nunhas palliñas das de beber. Hai que aproveitar o que tes pola casa e nunca sabes o que lles pode interesar, esta é unha lección que podedes aplicar a todo. De feito, os macarróns, as pallas e outros materiais os gardei nunha caixa de cartón baleira que estamos decorando con gomets de distintas cores e de paso aproveitamos para practicar máis pricomotricidade fina e discernir formas e cores.
Os exercicios da área motora son fundamentais no desenvolvemento de calquera neno porque lle axudan a ter unha mellor coordenación, máis control dos seus músculos e conciencia do seu corpo e o seu entorno. Pensade na sensación que se queda ao lanzar algo con forza...
No caso de ensartar macarróns (podedes facelo con mil cousas: carretes de fio, bolas dun colar que sexan grandiñas, arandelas, cordóns ou cordas, etc) xa estamos ante un exercicio de psicomotricidade fina que require precisión pero, non vos enganedes, tan importante é iso como lanzar ben unha pelota ou facer equilibrios.
Como vedes, todas estas cousas podedes facelas con peques neurotípicos ou con distintos tipos de diversidade funcional, a tod@s lles vai ben.
Por suposto, aqui seguimos traballando e preparando material comunicativo novo pero iso é outra película moi longa e outra lección que aprendín é que unha cousa vai despois da outra, pasiño a pasiño vai facéndose o camiño de lastros amarelos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)