Nesta sección tentarei aportar pequenas ideas, trucos para o día a día que a nós nos funcionan con Sabela e que se poden aplicar nalgúns casos a nen@s con diversa diversidade funcional e peques neurotípicos. Non podemos esquecernos de que este mundo, como dicía unha amiga, enriquécese con todos e todas nós.
Espero que vos sirvan de algo e, se xa os utilizades, sempre se agradecen novas ideas.
Fotos
Moito temos que falar do método PECS. Estamos empezando a usalo con Sabela dende hai uns meses e a verdade é que lle vai fenomenal. Para aqueles que non o coñezan, recomendo que polo menos se informen sobre el. Emprégase en nenos e nenas con problemas de comunicación e baséase no uso de imaxes.
Como a Sabela os pictos aínda non lle entran moi ben, estamos coas fotos. Para facilitarlle un pouco máis a aprendizaxe agora temos unhas cantas fotos moi grandes en papel branco (plastificadas, por suposto) co nome do obxecto escrito debaixo. pégoas no seu sitio para que ela saiba que ese obxecto está aí e parámonos a ver a foto e o nome para que asocie a palabra coa imaxe. É un pequeno reforzo da aprendizaxe.
Como solventar os nervos de antes de durmir
A Sabela non lle gusta durmir a sesta. Agora mesmo só durme cando xa non pode máis. O resultado é que soe pasar fase horrorosa de choros e protestas ocasionada polo cansancio. Unha das psicólogas que leva o seu caso deunos un bo consello: se sabes que a unha hora determinada vai estar mal, que non te colla desprevid@, ten un plan de actuación preparado.
O mellor nestes casos é programar unha actividade que lle guste e @ relaxe moito. Pode ser algo monótono, iso xa depende da peque ou o peque en cuestión. A uns pode relaxalos escoitar música (como é o caso de Sabela), a outros amorear cousas ou meter unhas pezas dentro de outras. Ai xa sodes vós os que mellor podedes saber que actividade utilizar.
Xa digo que con Sabela o que mellor vai é a música ou un paseo en silla.
Como aproveitar a loita para irse á cama
A verdade é que resulta difícil aproveitar eses momentos que poden ser horas. Sabela xa case nunca durme sesta e agora nin sequera ten sono cando chega a hora de durmir e deitarse (entre as nove e as dez, normalmente). Érguese, ponse a abrir e pechar caixóns, vai ao baño a abrir grifos, etc...
Ás veces deixamos que veña xogar un anaco á sala con nós, porque así polo meno o tempo se aproveita un pouco, pero é difícil que se concentre tranquilamente en algo a esas horas.
Unha das poucas cousas que se me ocorreron para aproveitar este tempo foi deixar ao seu alcance cousas coas que eu quero que xogue e ela non quere xogar, fundamentalmente xoguetes para potenciar a imaxinación e o xogo fugurativo. Non é que se puxera a xogar ás casiñas de súpeto pero, polo menos, ás veces mete á boneca con ela na cama ou colle a fregona e fai algo parecido a xogar a fregar. Algo é algo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario