domingo, 13 de julio de 2014

Seguindo os pasos de Polegariño

Supoño que lembrades o conto de Polegariño, que ía deixando un rastro polo bosque para non perderse, pois parece que Sabela atopou o seu rastro favorito... as lentellas.

Non é a primeira vez que preparo unha caixa sensorial para Sabela, desta volta, inspirándome nas actividades que me suxeriu a fantástica Carmen Fernández Cacho (Cachito), unha profe da que moitos e moitas temos moito que aprender, tentei facer unha caixa sensorial na que pensaba meter distintos elementos, entre eles, números e letras magnéticos, pero como acabamos de voltar de vacacións e teño todo un pouco manga por hombro, ao final botei man da imaxinación e fixen unha caixa con lentellas nas que colei unhas figuras magnéticas de Peppa Pig coa intención de que Sabela as pescase cunha caña dun xogo de pesca magnético, ou, se iso non lle interesaba, as collese con pinzas.

O resultado foi unha Sabela que, durante dez minutos da primeira volta e cinco ou seis da segunda, o pasou bomba tocando e sentindo as lentelliñas e obviando a Peppa Pig por completo. Encantáronlle, creo que en parte foi porque eran das de calidade extra, moi suaves, que a nena non é parva. Déixovos documento gráfico :)

PD: Acabo de atoparme unhas poucas lentellas entre a roupa ao poñer o pixama!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario