miércoles, 1 de mayo de 2013

Aquelas pequenas cousas

Nunca sabes por onde vai vir a inspiración e, con nen@s pequen@s, nunca sabes o que pode funcionar, que pode "facerlles gracia" asi que o día a día é un diario de tentativas de novas ideas.
Hoxe estreamos un agasallo dunha amiga: un xogo con pintura de dedos e unha especie de pinceis-selo tamén para pintar. E no medio do asunto ocorréuseme a idea: e se usamos as palliñas como pinceis para traballar a motricidade fina? E acto seguido a seguinte idea: e se soplamos pintura? Embadurnas ben o estremo da cana con pintura de dedos e... a soplar!!! A Sabela non lle interesou demasiado (entre outras cousas porque tiña demasiados mocos para interesarse por case nada) pero hai moitas posibilidades de diversión e experimento neste descubrimento.


Coa seguinte idea tiven un pouco máis de èxito e podedes reproducila con diverso instrumental de cociña. Convertín un colador para te e uns palillos de cores chulísimos que nunca usamos (son demasiados bonitos para manchalos) nun xogo caseiro para traballar a motricidade e xa de paso a clasificación por cores. Igual podedes facelo con calqueira colador con buratos grandes que teñades e pintar palillos de madeira ou diferencialos con gomets. Podes facer un pequeno ericiño de cores diversas :)

3 comentarios:

  1. Noraboa polo blog! Penso que é unha ferramenta moi valiosa para a comunicación entre as familias e tamén entre nós (a partir de agora pode ser unha canle máis de comunicación e intercambio de información). Vexo que estades a facer un moi bo traballo de estimulación con Sabela e anímovos a seguir facéndoo; xa sabedes que haberá días mellores ca outros pero ó final o bo traballo sempre vai dando os seus froitos. Unha aperta enorme :-))

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas a ti, Sonia, polo teu traballo, pola túa profesionalidade e a túa humanidade. Non sei se será útil, pero iso intento. Vémonos na rede e, sobre tdo, en carne e oso ;)

      Eliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar