Case dá vergoña falar disto xusto despois de publicar o post de Rafa. Esta batalla non pode compararse de ningún xeito coa outra, pero tamén é unha inxustiza. Copio a carta que veño de remitir á Concellaría de Cultura da Coruña e engado que creo que fun absolutamente comprensiva coa situación económica e as dificultades administrativas existentes, pero non me dá a impresión de que se estea facendo realmente todo o que se poida e o que se debe facer para solventar esta situación, nin moito menos.
Conclusión, malia as boas palabras e a boa disposición, non somos prioritari@s.
No pasado mes de xuño (hai xa máis dun mes) mantiven unha reunión
coa concelleira de Cultura, Ana Fernández, pola participación da miña
filla, unha menor con NEAE nun campamento de verán organizado no Ágora
polo seu departamento. Estes campamentos non contan con monitores para
nenos e nenas con NEAE, polo que a miña filla, ao igual que o resto de
cativos e cativas que tiveran necesidades educativas específicas,
veríanse discriminados na súa participación nos mesmos.
Na reunión manifestóuseme o total apoio por parte da concellaría e mesmo da alcaldía na miña demanda e se me comunicou que se ía solucionar esta situación, aínda que a solución non podería ser inmediata.
Na reunión manifestóuseme o total apoio por parte da concellaría e mesmo da alcaldía na miña demanda e se me comunicou que se ía solucionar esta situación, aínda que a solución non podería ser inmediata.
Posteriormente, remitín un correo electrónico á concellaría
indicando o nome dunha asociación coa que se poderían por en contacto
para buscar algún tipo de convenio que facilitase a busca dun monitor ou
monitora preparado que estivese no campamento coa miña filla. Desde a
Concellaría respondéuseme que non me preocupase porque xa se estaba
traballando no asunto.
Máis dun mes despois da citada reunión, trato de poñerme
en contacto telefónico coa Concelleira de Cultura e se me comunica que
resulta imposible, polo que me pasan coa directora do Ágora, centro no
que se celebrará o campamento ao que acudirá a miña filla. Ela indícame
que non está ao tanto de todos os detalles, pero que si sabe que a
Concelleira de Cultura se puxo en contacto con unha asociación para
tratar de chegar a un convenio coa mesma que garantise a presenza dun
monitor no campamento para atender as NEAE da miña filla. Indícame que
este contacto se fixo hai máis dun mes e que non saben nada desta
asociación.
Chegados a este punto xa é cando eu non entendo nada
porque se realmente se trata de buscar por todos os medios unha
solución, non entendo como se pode esperar máis dun mes pola resposta
dunha asociación cando existen máis entidades coas que se pode contactar
(entre elas unha que eu mesma indiquei) e mesmo existía outra
posibilidade da que se me falou na reunión e que non sei en que punto se
atopa.
Espero ter noticias da concellaría en breve, dado que o
tempo xa apremia e, evidentemente, non vou ficar cruzada de brazos
agardando máis tempo.Atentamente
No hay comentarios:
Publicar un comentario