Ás veces, os acontecementos te superan e non dá tempo a contar nin a metade das cousas que fas ou pensas. A finais de xuño tivemos unha axenda do máis apretada que incluíu un feito excepcional: un taller con Anabel Cornago, unha muller loitadora, admirábel, nai, intelixente, traballadora, un exemplo a seguir que insufla enerxía positiva por onde camiña.
O taller constaba de dúas partes: xogo e teoría da mente. A verdade é que calquera das dúas partes da súa intervención foi impresionante polo que transmitía e como o facía, a enerxía, as gañas de seguir adiante. Saín dese taller ás sete e media da tarde dun sábado, con moitísima ilusión e gañas e cunha axenda moi pero que moi apretada. De feito hoxe mesmo voltamos da nosa escapada deste verán ás costas de Cádiz, polo que apenas me deu tempo a nada.
O primeiro que quería facer Anabel era darche as grazas por ser ti (aínda que iso xa o fai Erik existindo e sendo como é, en boa parte por ser ti asi) e o segundo dicirche con feitos que o que transmites non cae en saco roto. Como no seu día me comprometin a facer algo que non rematei (aínda que o farei) e como tes toda a razón do mundo ao dicir que é importante compartir o que descubrimos e aprendemos, pois aqui estou.
Primeira ideota que se me ocorreu ese mesmo día. Unha das estereotipias, manías, autoestimulación, como se lle queira chamar, de Sabela e de tantos outros nenos e nenas: encender e apagar luces. Pensei que unha forma de reconvertir ese momento era cubrir os interruptores con papeis, cartulinas, ou papeis plastificados con diversos motivos. De feito se pode aproveitar para traballar algo concreto que interese nese momento (números, letras, quizais planetas ;)
Vin que existen modelos comercializados de cubreinterruptores, pero non se trata diso, senón de tratar de ir cambiando os "despistadores" segundo os nosos intereses ou os gustos dos peques. Evidentemente, o problema se se fan de papel é que os rompen ou arrancan facilmente, pero tamén se poden volver imprimir e pegar facilmente cando o que se pretende, xustamente é sorprender e interesar aos peques con distintos temas.
Aqui deixo un par de exemplos dos primeiros que usei xa con Sabela. Uns animais de Preeschool printables.
Adiante sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario