jueves, 24 de julio de 2014

Atención, túnel

Resulta que o peque da casa empeza a ter as súas pequenas obsesións, entre elas todo o relacionado cos vehículos. Así que hoxe, como Sabela tiña un día bastante movido decidín probar de novo unha actividade que xa fixemos na nosa escapada veraniega en Cádiz: un túnel de lavado moi particular.

A idea é de Anabel Cornago e Mariana Cardona, do grupo de motricidade. Tal e como xa colguei neste blog, as posibilidades do papel son variadas e fantasticas. O que eu fixen nun par de días diferentes foron dous túneis de lavado con telas finas e con toallas da praia. Aproveitando os tendais da roupa (no caso de Cádiz, ademais tiñamos unha fantástica terraza para este tipo de actividades) colguei na primeira ocasión as toallas e Iago xa estaba metido no seu túnel do que entraba e saía seguido.

A proba de hoxe foi máis sofisticada, como a Sabela lle gusta moito o tacto das telas finas como panos de seda ou liño, colguei varios do tendal e convertíno nun túnel moi sensorial, con colonia e auga que vaporizaba varias veces.

Iago pasouno bomba, escondíase e ata meteu un autobús de xoguete no túnel para lavalo e conseguín que Sabela xogase un pouquiño coas telas e o seu tacto.


Aí tedes os documentos gráficos e... xa sabedes, a experimentar con telas, papel, augas de colonia, auga ou o que pensedes que lle pode gustar aos vosos peques.




No hay comentarios:

Publicar un comentario