Así o cantaban Siniestro Total e así o tarareo eu nesta madrugada blogueira porque se estamos sós nesta galaxia ou acompañad@s aínda non o teño claro, pero sí sei que se son quen son, se fago o que fago, se me cabreo ou loito é polo que fun vendo e aprendendo polo camiño. Antes de nai, educadora, psicóloga, enfermeira, etc fun muller, galega, traballadora, cun microuniverso no que os trapos tiñan a súa importancia e polo que foron pasando persoas ás que prefiro esquecer e outras que me axudaron a colocar algúns dos lastros amarelos deste camiño polo que imos agora.
Unha desas persoas (coa que, por certo, non empecei con bo pé, así son as relacións humanas) compartíu comigo momentos duros no eido profesional, compartimos horas e despois compartimos ERE (moito mellor o primeiro), discutimos e saímos de copas, reflexionamos e cotilleamos e, sobre todo todo todo, como xa teño dito, mandoume pequenas raiolas de luz que iluminaban o meu día a día durante a hospitalización de Sabela. E se puido facer iso foi porque ela leva esa luz dentro.
Dende hai un tempo, esta muller, proletaria da femineidade, que desfruta coa roupa como arte e a utiliza como metáfora que pode chegar a explicar moitas das cousas que nos suceden, comparte un pouquiño desa luz nun blog que non deberíades perdervos. Un blog no que os "trapos" -desculpa a licencia- poden ser a excusa para falar de case todo e facelo rematadamente ben.
Porque non son lentejuelas todo o que reloce e detrás dos plisados, o tartán, os smokings, as medias caladas ou as saias evasées agóchanse (ás veces só se disimulan) moitas formas de ver a vida, de apurala antes de que se nos escape polo forro. Porque, para subirse nuns taconazos hai que ter moito, pero que moito valor e para defendelos hai que pisar ben forte e coa cabeza sempre en alto. Aprendede de Anne, que ten moito que ensinar (e non estou incitando ao streap-tease, aínda que non teño nada que obxectar se a alguén lle apetece a estas horas da noite).
Aí che dedico Anne a nosa experiencia do día, un circuito de soplo con palliñas e bolas de papel aproveitando un tapiz de xogo que regalaban cunha coñecida marca de iogures. Xa sabes, nena, a que garda... sempre ten... fondo de armario (xa sabes que aí cabe case todo: roupa, xoguetes, amig@s...)
Sobre como estimular, axudar aos nosos peques, loitar, traballar, pero sobre todo, desfrutar!
martes, 29 de abril de 2014
martes, 22 de abril de 2014
O meu agasallo de cumpreanos
Non se pode ver, pero si sentir, non se pode tocar, pero si acariciar, non se pode oír, pero si escoitar. É a clase de agasallo que moit@s non sabedes que necesitades, pero que, se o recibides cos brazos abertos, pode cambiarvos a existencia. Trátase desa clase de certeza que só uns pouc@s de vós teredes (e se a tedes non a perdades nunca), esa seguridade que só se pode adquirir despois de escoitar palabras como "tes cancro" ou "non sabemos o que pode ser da túa filla", "a túa familia xa non está contigo" ou "imos ter que implantar un botón estomacal á túa pequena para que poida alimentarse". Éstas ou tantas e tantas e tantas outras.
O meu agasallo é esa certeza, esa seguridade, esa convicción inamovíbel de que só hai unas poucas cousas nesta vida polas que paga a pena vivir e esas cousas son moi moi moi grandes, e non teñen nada a ver con oficinas, papeleos, atascos, colas no INEM ou cinco moreas de roupa para lavar e planchar. É curioso porque, tamén é certo que esas "cousas" (@s nos@s fill@s, o noso amor, a nosa familia e, quizais, esas pequenas grandes ilusións vitais que moit@s temos como bailar, cantar, ou deseñar edificios) moitas veces rematan soterradas baixo esas moreas de roupa, eses papeis que cobran vida, a merda que asolaga as nosas mentes e os nosos corazóns ou os berros d@s nos@s xefes.
Non o permitades. Fágovos este agasallo de corazón para que o desfrutedes sen ter que oír ningunha desas frases que ninguén quere oír e que son as únicas que nos espertan cun hostiazo ben forte e nos sacan á superficie para empezar a VIVIR. Vivide cada día, hora e segundo sen agobios, pero sen desperdicio de ningún tipo.
E como só me falta un paliño para chegar a unha máxica cifra redonda e me sinto xenerosa aí vos vai outro agasallo: unha banda sonora para esta nova vida ;)
miércoles, 9 de abril de 2014
Pensadora visual
Sabela, como boa parte d@s nen@s con dificultades de comunicación é unha grandísima pensadora visual. Tanto é así que ás veces nos deixa coa boca aberta pola súa capacidade de observación e a rapidez que está adquirindo ao identificar imaxes de obxectos. Xa vos comentei no seu día que nos últimos meses o Lince convertiuse no seu xogo favorito e a verdade é que, desde que chegou ás nosas vidas, Sabela está adquirindo a rapidez do animal que lle dá nome de xeito que ás veces nos parece que vivimos esceas sacadas dunha peli tipo "Unha mente marabillosa".
Hai tempo que non vos contaba nada sobre o noso traballo diario, pero xa sabedes que aínda que non dea detalles, aí seguimos. E un interese así non se podía desaproveitar, polo que lle construín a Sabela o que nós chamamos un "Supermegalince" caseiro con fotos e pictos do día a día para que, ademáis de identificar as imaxes as asocie coas palabras e mesmo cos seus signos (da posta en escea xa nos encargamos nós).
Ademais diso, traballamos coa orla da súa aula, pero este xogo deixámolo ben pronto porque vimos (así nolo comentaron tamén a profe e a psicopedagoga da escola infantil) que Sabela se fixaba moito máis na roupa que nas caras d@s nen@s. Así que para solventar isto estamos tamén traballando coas imaxes dun xogo de caras que nos axudan de paso, a que se fixe nos rasgos e nas expresións das caras e empece a relacionalas coas diferentes emocións.
Como son un cú inquieto e non me aguanto sen mirar máis e máis cousas, enchin a casa (é un dicir, son só catro, pero a verdade é que xa pouco espazo nos queda no noso pisiño) con puzzles de imaxes para asociar obxectos, (bañeira con toalla, cunca de sopa coa culler, etc) animais e alimentos, animais e comidas, e agora imos a por un novo de obxectos nas casas. Para alén da contribución dunha enormísima amiga que sempre nos pasa material da súa filla como este estupendo xogo de observación da casa para identificar os obxectos que hai en cada cuarto.
E máis e máis e máis porque seguimos coa imitación e os signos. Neste tema a nosa grande aliada é a música (de novo aproveitando intereses) e non podo deixar de recomendarvos o vídeo da canción "Todos somos capitáns", de Magin Blanco. Se xa nos entusiasmaba o tema, dende que lanzaron un fermoso vídeo no que cativos e cativas traducen a letra da canción á lingua de signos xa vos podedes imaxinar cal é o vídeo máis solicitado na nosa casa no último mes.
Foi realmente fermoso ver como as peques convidadas á festa de cumpreanos de Sabela, hai pouco máis dun mes, o pasaban bomba aprendendo a "bailar coas mans" cos capitáns igualitarios de Magín Blanco.

martes, 8 de abril de 2014
A inclusión como meta
A verdade é que teño o blog un pouquiño abandonado nestas últimas semanas, teño que compensarvos dalgunha maneira. A ver se podo poñerme as pilas e acudir máis a miúdo á miña cita virtual. Xa sabedes, isto é o que pasa cando queres facer moitas cousas ao mesmo tempo... E mira que mo repiten todos os días: PRIORIZAR!! e eu veña a tentar facelo todo e a acabar facendo só a metade da metade do que quería facer :)
Unha das cousas que fixen nestas semanas foi acudir ás II Xornadas de Inclusión Educativa que organizou Foanpas en Vigo o 5 de abril. O primeiro que teño que dicir é que estas xornadas non deberían existir. A inclusión non debería ser un obxectivo polo que seguimos loitando todos os anos, meses, semanas, días, senón unha realidade incorporada á nosa vida con total normalidade. Pero o certo é que terá que haber unha III, IV, V, VI edición e así até cubrir todos os números que se vos ocorran nesta escala sucesoria dos loitadores e loitadoras pola igualdade.
Así que, asumindo que vai ser así, o certo é que o exemplo de Foanpas e da súa comisión de NEAE debería contaxiarse ao resto de asociacións de pais e nais do país e do mundo mundial. Poder ver e compartir como educadores, educadoras, pais, nais, terapeutas e ata telecos traballan para conseguir esa inclusión é unha ledicia. Tamén é certo que ves neste tipo de encontros todo o camiño que queda por andar ata chegar a Oz, porque mesmo nas persoas cunha enorme sensibilidade e cun forte ánimo de incorporar a inclusión como un feito normal atopas eses resquicios que a educación tradicional nos deixou á maioría de nós, esa linguaxe politicamente incorrecta e ese aire paternalista ou maternalista que tentan controlar sen conseguilo.
Como non podo escribir páxinas e páxinas, tan só vou destacar dúas intervencións. A primeira, a de Quique e Fátima de Accegal, un proxecto sen ánimo de lucro de ningún tipo que está achegando a persoas con dificultades de comunicación todo un armamento moi útil nesta guerra que se carga nas tablets e dispositivos móbiles convertíndoos en auténticos comunicadores. Educadores e telecos unidos para deseñar aplicacións gratuítas que se poden usar en calquera dispositivo android e que están tansformando a vida das persoas que xa as adoptaron como unha chave para abrir as portas do seu día a día. Eu tamén ando investigando como usalas con Sabela de feito. Anímovos a visitar a súa web e coñecer o seu traballo que expuxeron dun xeito claro, ameno e entretido (sen falar "teleco") na charla das xornadas de inclusion.
E por último, foi un auténtico pracer escoitar de primeira man, da voz de Carmen Cappaces, unha das nais blogueiras que non vos debedes perder, que a inclusión é posíbel e que o seu fillo Antón puido desfrutala durante a súa etapa de escolarización en educación infantil. Só nos queda traballar e alentar a todos os educadores e educadoras para que esa experiencia enriquecedora para tod@s se poida trasladar a todas as etapas e a todos os centros educativos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)