Na liña do meu post anterior, defendo de novo nesta entrada a importancia do pequeno, do breve, pero intenso, deses momentos que non esquecerás nunca, aínda querendo (que non é o caso), eses segundos nos que saen da boca dunha nena sonidos cun sentido determinado. Algúns son só sonidos xordos (pa-pá, ca-ba), outros consigues que sexan unha auténtica palabra (ma-má, u-va, pe-pa).
É posíbel que o consigas o sábado pola tarde e en todo o domingo non se repita, pero sabes que esa posibilidade está aí, que a maxia comezou a funcionar, que das imaxes e os pictos pasaches aos signos e agora aos sons e o límite é mellor non poñelo, nin cara arriba nin por abaixo, porque nunca sabes onde rematará este camiño, se en Oz, de volta na casa ou en Holanda.
Todo isto pode ser así, ou dun xeito totalmente distinto, iso quen o sabe. Ti só sabes neses segundos que a felicidade era isto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario