Páginas

martes, 29 de abril de 2014

"Quienes somos de donde venimos y a dónde vamos..."

Así o cantaban Siniestro Total e así o tarareo eu nesta madrugada blogueira porque se estamos sós nesta galaxia ou acompañad@s aínda non o teño claro, pero sí sei que se son quen son, se fago o que fago, se me cabreo ou loito é polo que fun vendo e aprendendo polo camiño. Antes de nai, educadora, psicóloga, enfermeira, etc fun muller, galega, traballadora, cun microuniverso no que os trapos tiñan a súa importancia e polo que foron pasando persoas ás que prefiro esquecer e outras que me axudaron a colocar algúns dos lastros amarelos deste camiño polo que imos agora.

Unha desas persoas (coa que, por certo, non empecei con bo pé, así son as relacións humanas) compartíu comigo momentos duros no eido profesional, compartimos horas e despois compartimos ERE (moito mellor o primeiro), discutimos e saímos de copas, reflexionamos e cotilleamos e, sobre todo todo todo, como xa teño dito, mandoume pequenas raiolas de luz que iluminaban o meu día a día durante a hospitalización de Sabela. E se puido facer iso foi porque ela leva esa luz dentro.

Dende hai un tempo, esta muller, proletaria da femineidade, que desfruta coa roupa como arte e a utiliza como metáfora que pode chegar a explicar moitas das cousas que nos suceden, comparte un pouquiño desa luz nun blog que non deberíades perdervos. Un blog no que os "trapos" -desculpa a licencia- poden ser a excusa para falar de case todo e facelo rematadamente ben.

Porque non son lentejuelas  todo o que reloce e detrás dos plisados, o tartán, os smokings, as medias caladas ou as saias evasées agóchanse (ás veces só se disimulan) moitas formas de ver a vida, de apurala antes de que se nos escape polo forro. Porque, para subirse nuns taconazos hai que ter moito, pero que moito valor e para defendelos hai que pisar ben forte e coa cabeza sempre en alto. Aprendede de Anne, que ten moito que ensinar (e non estou incitando ao streap-tease, aínda que non teño nada que obxectar se a alguén lle apetece a estas horas da noite).

Aí che dedico Anne a nosa experiencia do día, un circuito de soplo con palliñas e bolas de papel aproveitando un tapiz de xogo que regalaban cunha coñecida marca de iogures. Xa sabes, nena, a que garda... sempre ten... fondo de armario (xa sabes que aí cabe case todo: roupa, xoguetes, amig@s...)


No hay comentarios:

Publicar un comentario