Chega o Samaín (nos países anglosaxóns, léase, Norteamérica, Halloween) e as nosas vidas seguen adiante día tras día. Sempre buscando e atopando case sempre o tempo para traballar e poder avanzar.
Nestas últimas semanas fixemos cousiñas como o noso "bodegón" de outono-Samaín, papi e mami fixeron as cabazas de Samaín para o cole (non vou enganar, a colaboración infantil era difícil e escasa, sobre todo porque nin Sabela nin eu estabamos moi aló de saúde) e retomamos os nosos experimentos táctiles.
Aqui vos deixo unhas fotos do noso experimento de pintar e tocar con cabazas, follas, castañas, etc... Eu creo que é unha idea estupenda para estimular e traballar motricidade, pero nin Sabela nin o seu irmán estiveron moi dacordo.
A segunda foto é da nosa paisaxe tactil con arroz e elementos varios, unha especie de busca do tesouro na que @s peques van experimentando coas texturas. Nesta actividade tiven máis éxito, aínda que moooooooi breve. Así que haberá que volver a intentalo!
Sobre experimentación variada, hai algo que, aínda que poida resultar unha obviedade, non sempre nos lembramos de levar á práctica, tal e como me lembrou a terapeuta de Sabela, Pilar, esta semana, é NECESARIO que integremos aos peques na nosa rutina e labor diario. Que quero dicir con isto? Que se vas cociñar, vexan un anaco como o fas, lles deixes que toquen os macarróns, as lentellas, o arroz ou o que sexa e colaboren en tarefas adaptadas a eles e ás súas posibilidades.
Sabela xa nos axuda a clasificar os calcetíns (consello tamén procedente da grande Anabel Cornago), a facer a cama, a coller os utensilios de comida... pouco a pouco.
Non quero rematar o post de hoxe (e destas semanas ;D) sen lembrarlle a quen estea abaixo que acabas subindo. Aínda que ás veces nos frustremos e probemos e volvamos probar cousas que non funcionan, algo acaba funcionando, a peza acaba por encaixar e a roda vai xirando día a día.
Ah, case esquecía a foto das nosas cabazas sanitaria e mecánica :D
No hay comentarios:
Publicar un comentario