Do camiño de lastros amarelos
Sempre vin algo de egocentrismo e
exhibicionismo neste mundo dos blogs, pero non me decataba de que,
como con case todo, tamén teñen seu lado bo: que serven para
comunicarmonos con outra xente, para axudar e recibir axuda, para
desafogar tamén de cando en vez.
Co paso dos meses e dos anos desde que
as nosa vidas cambiaron, vexo que non hai blogs de pais ou
profesionais que traten a pequenos e pequenas con afasia infantil, en realidade, non hai nenos nin nenas como Sabela, nin casos como o seu porque cada un é diferente.
Cada caso e cada nen@ é un mundo, iso está claro, pero decidín
empezar a relatar o noso particular camiño a Oz como unha axuda
máis, como un caderno de bitácora, que ás veces mesmo pode server
de recordatorio.
Cando Sabela tiña cinco meses
enfermou. Era un “virus” dixo o pediatra e non lle deu
importancia. Atinou, era un “virus” (o herpes), pero si tiña
importancia porque ese virus atacou a súa pequena materia gris e
produciulle unha meningoencefalite aguda que acabou deixando danado o
seu cerebro de por vida con crises comiciais polo camiño.
Non é éste o lugar para explicar o
que sucedeu os meses posteriores a iso. Non lle desexo a ninguén un
inferno coma ese e non é necesario lembralo. Só vou lembrar que
nese momento, o peor da miña vida sen dúbida algunha, tiven a moita
xente apoiándome. Unha desas persoas (chamémoslle RRR) enviábame
mensaxes de esperanza, de luz e cor que nos levaban ao mundo de Oz e
que me fixeron lembrar que, como lle sucedeu a Dorothy, non podemos
esquecer que o que precisamos está no noso interior. Para sairmos
adiante só temos que crer en nós, nas nosas posibilidades e
traballar arreo. Así o fixo, faino e seguirá facéndoo Sabela,
moito mellor ca Dorothy.
Do fe de que esa primeira etapa foi tremenda, sobre todo para vos, pero creédeme se vos digo que tamén o foi para os que estabamos ao voso arredor. Algo rompeu dentro de min cando recibín a túa chamada mentres paseaba polo Corgo do Grove. pero pouco a pouco, ese anaco escachado no meu interior empezou a recompoñerse con eses pequenos, aínda que enormes, lastros amarelos que vos empezastes a atopar na vosa particular búsqueda de Oz.
ResponderEliminarAdiante, sempre adiante polo camiño que imos descubrindo, Isa. E sempre con tod@s vós a carón
EliminarNoraboa por arrancar co blog. É certo que cada caso e cada neno é diferente, pero tamén o é que os pais que pasan por unha situación así teñen que sacar forzas de dentro para facerlle frente ao peor momento das súas vidas. Diso tí sabes moito, moitísimo, e por iso me alegro de que o queiras compartir. Un bico grande
ResponderEliminarAna
Bicos Ana. Ambicións e boas intencións teño todas as do mundo. Agora, a ver o que sae de aquí
EliminarLembro os primeiros momentos....e agora ver este blog parece que pasaron mil anos....Bicos cheo de cores e me alegro moito que queiras compartir con tod@s nós, o camiño de lastros amarelos
ResponderEliminar